NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




3 dic. 2010

Proxectos de Cooperación

O equipo técnico do GDR 23 UTM asistiu no mes de outubro a unha xuntanza onde se trataron os proxectos de cooperación que se están preparando dende os distintos GDR de Galicia. Quedamos gratamente impresionadas con todas as propostas se ben non é factible participar en todos. Con esta restricción e dende esta xanela dixital, queremos deixar constancia do noso interese por implicarnos en dous deles e colaborar no seu éxito:
  • "A Galiza Rural no Obxectivo", este proxecto persegue fortalecer e desenvolver a industria audiovisual galega promocionando o mesmo tempo os escenarios naturais da nosa terra para poñer en valor o noso patrimonio artístico, paisaxístico e etnográfico.
  • "Fomento da Innovación no Medio Rural", este proxecto está destinado a deseñar actuacións para a posta en marcha de accións de innovación por parte das empresas e a creación de plataformas de apoio á innovación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario