NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




31 ene 2011

Xornada informativa sobre o Programa Leader no concello de Toques

As compoñentes do equipo técnico do Ulla Tambre Mandeo, xerenta e técnica, desprazarémonos no día de hoxe ó concello de Toques para celebrar unha reunión informativa sobre as axudas que xestiona o GDR. Este evento está destinado ós veciños do concello así como a todos/as aqueles/as interesados/as en coñecer máis de preto o Programa Leader e inscríbese dentro da segunda fase do Plan de Difusión do Ulla Tambre Mandeo.
Aproveitamos esta xanela dixital para invitarvos a participar e para agradecer ó concello de Toques a súa colaboración na realización deste encontro.

Lugar: Edificio Multiusos de Toques.
Data: 31 de xaneiro de 2011.
Hora: 21.00 h.

25 ene 2011

Xornada de maduración de proxectos de cooperación entre GDRs

Mañá día 26 de xaneiro de 2010 terá lugar en Lalín unha xornada de maduración sobre os posibles proxectos de cooperación a realizar entre os GDRs galegos.
Esta reunión á que acudirán representantes de todos os equipos técnicos interesados nestes proxectos servirá tanto para coñecer as novas propostas que están xurdindo dende os distintos GDRs  como para traballar sobre os xa expostos cos coordinadores dos mesmos e avanzar na súa execución.

17 ene 2011

APERTURA DO PERÍODO DE SOLICITUDE DE AXUDAS

En datas recentes Agader ven de aprobar o baremo de valoración de proxectos do GDR 23 Ulla Tambre Mandeo sendo este o último paso restante para poder abrir a convocatoria de axudas e comezar coa tramitación dos proxectos que queiran contar coas axudas do Programa Leader 2007-2013.
Polo tanto, a partir de hoxe, día 17 de xaneiro de 2011, todas aquelas persoas interesadas nas axudas do Programa Leader xa poden presentar as súas solicitudes no rexistro do GDR.

Agardámosvos!

Invitación ó Seminario: O Leader como motor da Europa Rural

O GDR Ulla Tambre Mandeo foi invitado pola Comisión Europea a asistir a un taller para os novos Grupos de Desenvolvemento Rural en Europa, este seminario celebrarase os días 19 e 20 de xaneiro na cidade de Bruxelas, o encontro está organizado pola Rede Europea para o Desenvolvemento Rural e persegue achegar unha visión multinacional da execución do Programa Leader a través das experiencias dos distintos GDRs europeos ó tempo que se fomentan os proxectos de cooperación entre eles así como o traballo en rede.
Aroveitando a asistencia a este taller tamén nos reuniremos o día 21 co representante do GAL da rexión italiana de Parma co que o GDR Ulla Tambre Mandeo ten previsto colaborar nun proxecto denominado "Camiños de Europa" que pretende incidir na mellora das zonas rurais nas que está presente o Camiño de Santiago como é o caso do noso territorio.

13 ene 2011

Sesión informativa no concello de Vilasantar

As integrantes do equipo técnico do GDR Ulla Tambre Mandeo desprazarémonos o vindeiro luns 17 de xaneiro de 2011 ata o concello de Vilasantar co obxectivo de celebrar unha sesión informativa sobre as axudas do Programa Leader destinada tanto ós nosos asociados como a todos aqueles que estean interesados e queiran participar. Esta iniciativa concretouse na reunión que mantivo o equipo técnico cos membros da Xunta Directiva pertencentes ó concello de Vilasantar no marco da primeira fase do Plan de Difusión.

O lugar de celebración será o Local Social de Vilasantar ás 11:30 h.