En datas recentes Agader ven de aprobar o baremo de valoración de proxectos do GDR 23 Ulla Tambre Mandeo sendo este o último paso restante para poder abrir a convocatoria de axudas e comezar coa tramitación dos proxectos que queiran contar coas axudas do Programa Leader 2007-2013.
Polo tanto, a partir de hoxe, día 17 de xaneiro de 2011, todas aquelas persoas interesadas nas axudas do Programa Leader xa poden presentar as súas solicitudes no rexistro do GDR.
Agardámosvos!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM AXÚDACHE A INVESTIR NO RURAL, FACILITA COLABORACIÓN E COOPERACIÓN DE TODOS OS AXENTES SOCIO-ECONÓMICOS DO TERRITORIO, E CONTRIBÚE Á VALORIZACIÓN DOS NOSOS RECURSOS.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.
NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!
Visita turística ó territorio (Galego)
No hay comentarios:
Publicar un comentario