NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




1 sept 2011

Reunión da Xunta Directiva

Hoxe as 18.30 h terá lugar unha reunión ordinaria da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo na que se someterán a consideración diversos expedientes de promotores que solicitaron a axuda do Programa Leader. Entre eles,

A modernización e ampliación dunha queixería familiar no concello de Sobrado, as promotoras apostan polo autoemprego e pola produción dun produto artesanal de gran calidade polo que invisten en equipamento que lles permita tanto aumentar a produción como mellorar o proceso produtivo. A axuda proposta polo GDR ascende ó 41,59% do gasto subvencionable.

A adquisición dun vehículo adaptado para o transporte dos veciños de Boimorto usuarios das súas instalacións de benestar social, este proxecto está promovido polo Concello de Boimorto para facer totalmente accesibles os seus servizos a toda a poboación destinataria. A axuda proposta polo GDR ascende ó 95,41% do gasto subvencionable.

A modernización e automatización dunha explotación agrícola no concello de Arzúa coa instalación dun moderno robot de muxido que garantizará unha mellora tanto na produtividade da explotación como no benestar dos animais. A axuda proposta polo GDR ascende ó 30,23% do gasto subvencionable.