NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




3 nov 2011

Selección de proxectos na Xunta Directiva do GDR

O día 26 de outubro celebrouse a Xunta Directiva do GDR se aprobaron dúas novas axudas do Plan Leader. Unha delas está situada no concello de Boimorto, e consiste na creación dun viveiro forestal que comercializará castiñeiros que producirá a través de plantas nai. O investimento, entre o acondicionamento do viveiro, e adquisición de maquinaria forestal que dará servizo tanto a clientes coma ó propio negocio, supera os 130.000 euros. A subvención concedida está próxima ó 35%. A Xunta Directiva valorou moi positivamente este proxecto, que valoriza os produtos autóctonos de Galicia. Está promovido pola empresa Río Queiro SL na que o único socio propietario é un mozo emprendedor de 27 anos.
O segundo proxecto que se aprobou nesta xuntanza está situado en Melide, promovido pola empresa Cervisa S.L. Cervisa, en funcionamento dende o ano 2008, está dedicada á fabricación de estruturas metálicas, e os promotores pretenden, con investimentos que roldan os 600.000 euros, converterse nunha das empresas máis modernas de Galicia no sector. Este proxecto creará dous novos postos de traballo, que se sumarán os cinco cos que xa conta na actualidade. A subvención concedida é do 28%.
O GDR Ulla Tambre Mandeo cerra este ano coa aprobación, polo tanto, de dúas iniciativas de xente nova, que contribúen a xerar emprego e fixar poboación no rural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario