NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




27 dic 2011

CAMBIO DE OFICINA TÉCNICA NO GDR

O GDR Ulla Tambre Mandeo cambia de oficina, a partir de agora podédesnos atopar no edificio do antigo centro médico de O Pino.
Para todos aqueles interesados nas axudas Leader 2007-2013 ou, en xeral, no desenvolvemento do noso territorio estamos na mesma rúa da antiga oficina técnica, a uns escasos 25 metros en dirección ó centro urbano de O Pedrouzo-Arca.
Nas novas instalacións dispoñemos de máis espazo e un mellor acondicionamento polo que agardamos poder mellorar a atención que vos dispensamos, non dubidedes en visitarnos!


13 dic 2011

Charla informativa en Touro


Hoxe, martes 13 de decembro, celebrarase no salón de plenos do Concello de Touro unha charla informativa na que se tratarán tanto as axudas do Programa Leader que xestiona o GDR Ulla Tambre Mandeo como outras posibles iniciativas empresariais e de negocio nos ámbitos agrario e forestal.
Na sesión, organizada en colaboración co Concello de Touro, participarán as compoñentes do equipo técnico xunto co xerente da SAT Fungocerga de Melide, D. Santiago Liñeira. Fungocerga dedícase á produción e comercialización de pequenos froitos do bosque e cogomelos de diversa clase a partir do proceso da micorrización, o xerente falaralles da súa experiencia no sector ós asistentes.
A charla dará comezo ás 20.00 h, estades invitados!