NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




24 abr 2012

Celebración de Asemblea Xeral e Xunta Directiva

O próximo xoves 26 de abril de 2012 o GDR Ulla Tambre Mandeo celebrará a súa Asemblea Xeral; unha ocasión única onde se reúnen todos os asociados para analizar o funcionamento da GDR e o desenvolvemento do Programa Leader.

A Asemblea Xeral terá lugar no Centro Cultural Luís Seoane do concello de O Pino as 19.00 h. precedida pola reunión da Xunta Directiva que se celebrará as 18.00 h no mesmo lugar.

A orde do día cos temas a tratar pola Asemblea Xeral será a seguinte:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
2. Aprobación da memoria de actividades desenvolvidas durante o pasado ano 2011
3. Aprobación de actividades previstas para o ano 2012
4. Aprobación de contas e informe económico
5. Aprobación do orzamento do ano 2012
6. Ratificación de cargos da Xunta Directiva e inclusión, se procede, de novos membros
7. Outros asuntos

Con motivo da celebración da Asemblea Xeral e o seu remate terá lugar unha degustación de pequenos pratos elaborados con Queixo DOP Arzúa Ulloa, produto emblemático do territorio, para a celebración da cal o GDR conta coa colaboración do Consello Regulador do Queixo Arzúa Ulloa, con sede en Melide.

Os pratos serán elaborados e servidos polos mozos e mozas que estudan o Ciclo Formativo de GM de Panadería, Repostaría e Confeitería do Centro de Promoción Rural EFA Piñeiral, con sede en Arzúa; agardamos que con esta experiencia os nosos futuros profesionais da cociña incorporen os produtos da terra no seu saber facer ó tempo que se familiarizan co desenvolvemento do rural colaborando co GDR Ulla Tambre Mandeo.

19 abr 2012

A memoria do 2011 xa está lista!!!

Por fin temos xa a memoria e resumo de todo o que o GDR leva feito durante o último ano 2011! Aquí queda, para ser consultada por todos vos:

MEMORIA ANUAL DE ACTIVIDADES 2011

16 abr 2012

Xornada de Micorrización impartida pola SAT Fungocerga

Un dos nosos asociados, a SAT Fungocerga, será a encargada de impartir a xornada sobre cultivo de setas e micorrización, que se desenvolverá en Lalín este mércores, 18 de maio. A xornada organízase dentro do proxecto de Cooperación Novos Horizontes, de recuperación de variedades vexetais tradicionais e autóctonas para o cultivo e a potenciación de novos cultivos. Dentro deste último apartado, Don Santiago Liñeira, presidente da SAT Fungocerga, participou xa en varios eventos dentro do proxecto Nuevos Horizontes.
Fungocerga está orientada ó cultivo ecolóxico tanto de setas como de produtos da horta e froitos do bosque principalmente.
Estamos seguras de que os participantes no curso teórico-práctico do venres quedarán satisfeitos coas explicacións do noso asociado.
Noraboa pola labor que desenvolven tanto os socios de Nuevos Horizontes como a SAT Fungocerga e gracias ó GDR Terras do Deza pola organización deste evento, que ten unha aplicación tan práctica e útil nos nosos bosques.
Podedes consultar toda a información en:
Web de Terras do Deza

2 abr 2012

O GDR Ulla Tambre Mandeo está a ultimar os detalles para a vindeira celebración da súa Asemblea Xeral ordinaria do ano 2012. Previsiblemente, terá lugar a finais do presente mes de abril.

Nela, reuniranse as case setenta entidades que forman parte do GDR para tratar os asuntos máis importantes do funcionamento interno da Asociación así como as cuestión relativas ó seguemento na xestión do Programa Leader.

Os asistentes analizarán as contas e o informe económico do ano pasado e coñecerán de preto o conxunto de actividades levadas a cabo no pasado ano, na mesma reunión, planificaranse as accións para a anualidade 2012.