NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




16 jul 2012

Acto de presentación do Congreso "Desenvolvemento rural e Leader no horizonte 2014/2020"


O pasado venres tivo lugar no Museo Pedagóxico de Galicia o acto de presentación do Congreso “Desenvolvemento rural e Leader no horizonte 2014/2020” que se desenvolverá a principios do vindeiro mes de novembro.

O acto contou coa participación de Antonio Crespo, Director Xeral de Agader, de J. Antonio Santiso, presidente da Asociación de GDRs de Galicia, de Román Rodríguez, presidente do GDR Terras do Deza e de don J. Manuel Freire, presidente do GDR Adercou.  Do mesmo xeito, estiveron presentes representantes dos 31 GDRs que existen en Galicia, tanto técnicos como membros das súas respectivas Xuntas Directivas.

D. J. Antonio Santiso indicou na presentación que o Congreso realízase co obxectivo de visibilizar o conxunto de avances que se deron da man do Programa Leader no territorio galego, tanto dos anteriores programas como do Leader 2007-2013, que é o que actualmente xestionan e executan os GDRs. Por outra banda,  tamén se busca facer unha avaliación crítica para identificar determinados aspectos a mellorar de cara ao futuro, coa vista posta no novo Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia PDR 2014-2020.

J. Antonio Santiso expuso ante o director xeral de Agader que a través da recopilación de proxectos, experiencias e resultados que se está a facer para a organización do Congreso é fácil observar os beneficios deste paquete de axudas, que conta cun enfoque propio de “abaixo-arriba”, cunha estratexia determinada a nivel local e unhas liñas de actuación completamente centradas no desenvolvemento do rural. Por último e posto que o traballo dos GDRs resultou e segue resultando moi beneficioso para o rural galego, o presidente da Asociación de GDRs de Galicia solicitou a don Antonio Crespo que se active a totalidade dos fondos europeos consignados para o Programa, suprimindo as restriccións orzamentarias que se están a realizar na actualidade.

Na súa intervención o director xeral de Agader amosouse de acordo cos beneficios do Leader e satisfeito coa iniciativa de realizar un Congreso onde visibilizar os resultados; finalmente, engadiu que tanto a Axencia que el dirixe como os GDRs, deben traballar xuntos para conseguir a mellor xestión posible do Programa.

Os medios fanse eco da noticia:
Tierras de Santiago: los GDR presentan el congreso que tendrá lugar en noviembre


No hay comentarios:

Publicar un comentario