NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




26 sept 2012

Os alumnos do curso de marketing para profesionais do turismo acuden ó Festival da Luz en Boimorto

O curso de Marketing para profesionais do turismo organizado polo GDR empeza a dar os seus froitos. A pasada fin de semana, os alumnos uníronse para promocionarse conxuntamente no Festival da Luz de Boimorto.
O que fixeron foi organizar un concurso no que, o día 18 de outubro, se farán 4 sorteos dunha noite de turismo rural para dúas persoas, 4 sorteos de entradas para A Casa do Queixo de Grixalba e 4 sorteos dun paseo a cabalo en Melide, tamén para dúas persoas.
Ademais, os restaurantes participantes na iniciativa, fixeron empanadas e biscoitos que venderon coa fin de recaudar fondos para Asociación Contra o Cancro, principal obxectivo da organización deste festival.
O GDR e os alumnos do curso queren dar as grazas ós organizadores do evento, que fixeron posible esta primeira aparición pública, e felicitalos por un traballo ben feito. A única mágoa, o tempo!




7 sept 2012

Fixadas as novas sesións para o fomento das SOFOR

O GDR iniciará na semana do 17 de setembro a nova rolda de reunións para informar ás persoas propietarias de parcelas forestais da nova figura de ordenación do monte, as Sociedades de Fomento Forestal.
 
As SOFOR, baixo a forma xurídica de empresas de responsabilidade limitada, apostan por levar a cabo unha xestión colectiva do monte que permita ós pequenos propitarios obter un verdadeiro rendemento tanto da madeira como de outros aproveitamentos: froitos, mel, fungos, biomasa, etc. ó tempo que se conseguen outros beneficios máis amplos derivados dun monte ben explotado, por exemplo, un menor risco de incendios.
 
Despois de realizar as primeiras sesións de carácter puramente infomativo, nestas novas xuntanzas as persoas asistentes analizarán co técnico as verdadeiras posibilidades de constituír unha SOFOR a través da comprobación do cumprimento dos requisitos de superficie mínima esixida.
 
Animamos a todas aquelas persoas interesadas que non puideran asistir a pasada semana a achegarse nesta nova ocasión para participar nesta acción. A continuación, reflíctense os carteis coas novas datas:
 


 

Rematada a primeira rolda de reunións para o fomento das SOFOR

Esta semana, o GDR Ulla Tambre Mandeo, concluíu a primeira rolda de reunións que está a organizar para o fomento da creación de Sociedades de Fomento Forestal no territorio.
 
Ás distintas reunións, celebradas en Novela (Santiso), Maceda (Melide) e Foxado (Curtis) asistiron arredor dunha vintena de persoas que posúen parcelas forestais e interesadas en coñecer todos os detalles desta nova figura de ordenación do monte.
 
Estas primeiras sesións, de carácter puramente informativo, son o inicio dun proceso de asesoramento que ten como obxectivo final lograr a constitución de, polo menos, unha SOFOR no territorio. Neste senso, as persoas asistentes xunto co GDR e o técnico que imparte a información, acordaron a celebración de novas reunións para analizar conxuntamente as posibilidades reais de constitución con base no cumprimento dos requisitos de superficie mínima esixida pola normativa destas sociedades.


 


 
 

6 sept 2012

Reserva invitación para a degustación de verduras e hortalizas frescas

Dende hoxe comeza a campaña publicitaria do evento "Busca o teu horticultor ideal" que terá lugar no restaurante A Bica o sábado 15 de setembro.
Con esta iniciativa o GDR Ulla Tambre Mandeo pretende dar a coñecer as propiedades das verduras cultivadas neste territorio, e poñer en contacto ás persoas que as cultivan co consumidor final, de forma que estes últimos melloren a alimentación e o sabor dos produtos, e os primeiros incrementen a rendibilidade ó eliminar intermediarios.
¡Esperamos que vos gusten!

Reserva a túa invitación chamando ó GDR: 981.511.377

Atopa máis info en Blog Buscando Horticultor

Cuña de Radio "Encuentra a tu horticultor ideal"



Banner prensa
 
DE LA HUERTA A TU COCINA!

3 sept 2012

Busca ó teu horticultor ideal

Trala presentación o venres das citas rápidas para atopar ó teu horticultor ideal, que se celebrarán na Coruña o día 15 de setembro, da comezo a carreira para conseguir unha invitación. Soamente hai 140! Se vives na Coruña e che gusta comer ben, se queres recuperar o sabor nas verduras e hortalizas, se cres importante que se che garantice unha calidade na alimentación diaria, non te demores!Agora tes a oportunidade de que os agricultores do Ulla Tambre Mandeo che leven as verduras directamente da súa horta á túa casa! chama xa ó GDR para reservar invitación!
Atopa toda a información no blog do evento:
http://www.buscandohorticultor.blogspot.com.es/

Presentación da xornada de degustación de verduras.
A Bica. A Coruña