NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




12 mar 2014

Abre unha nova convocatoria de axudas do Programa Leader no Ulla Tambre Mandeo


Ante o reparto orzamentario do que o GDR Ulla Tambre Mandeo opta a 1.250.000 para axudas a fondo perdido no periodo 2014-2015 do Programa Leader, onte reuníronse os membros da Xunta Directiva para dar paso a un novo periodo de solicitude de axudas.
Polo tanto, todas aquelas persoas ou empresas que vaian facer un investimento nalgún dos dez concellos do GDR (Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar) poden solicitar, desde hoxe, as axudas do Leader ou pedir información sobre as mesmas na sede do Ulla Tambre Mandeo, situada en Pedrouzo-Arca (O Pino). Do mesmo xeito, tanto o financiamento como a convocatoria de axudas que rixe as solicitudes atopanse inseridas neste blog.
Como no periodo anterior, as axudas poden solicitarse tanto para investimentos no sector agrario e forestal como para outros, sempre e cando teñan un certo carácter innovador e non estean iniciados no momento da solicitude. A subvención, a fondo perdido, varía entre un 20 e un 45% segundo as características da solicitude. O baremo de valoración está incluído na convocatoria de axudas.
Por outra banda, os proxectos pendentes do periodo anterior, e que contan con prioridade na adxudicación de fondos do novo cadro financeiro, seguen co procedemento administrativo; polo que onte, na reunión da Xunta Directiva, seleccionaronse tres novas iniciativas como beneficiarias dunha axuda Leader.
Concretamente, aprobouse un proxecto destinado á mellora da eficiencia enerxética e á implantación das TIC nunha explotación de vacún de leite radicada en Touro; os investimentos inclúen a adquisición dun carro mezclador, un arrimador autónomo de pesebre e na automatización do sistema de muxido. As demais iniciativas consisten na modernización do parque de maquinaria de dúas empresas de servizos forestais e agrícolas de Arzúa e Curtis e na posta en marcha dun taller de reparación de vehículos e maquinaria agrícola en Touro.
O financiamento destas tres novas iniciativas supón un importe en concepto de axudas concedidas de preto de 245.000 €, cun investimento privado de 1.600.000 €.
Na reunión de onte, celebrada no Centro Etnográfico do Mandeo, a Xunta Directiva amosouse moi esperanzada con este novo periodo que comeza hoxe, pois na oficina do Grupo de Desenvolvemento Rural houbo xa numerosas consultas de proxectos innovadores que xerarán dinamización económica e oportunidades laborais nos dous anos que quedan por diante.

Noticia da reunión en El Correo Gallego

Noticia en la web del concello de Curtis

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario