NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




18 jul 2014

Peche da oficina técnica do 11 ó 14 de agosto de 2014

A oficina técnica do GDR Ulla Tambre Mandeo permanecerá pechada do 11 ó 14 de agosto de 2014 por descanso do persoal.
 
Durante esta semana, o equipo técnico atenderá as súas chamadas nos seguintes teléfonos, en horario de 09.00 a 13.00 horas, para concertarlle unha cita a partir do 18 de agosto ou para solucionar as súas dúbidas con respecto á xestión do Programa Leader:
 
Fixo: 981 511 377
 
Móbil: 682 741 209
 
 
Desculpen as molestias.

Dous novos proxectos, beneficiarios dunha axuda Leader


Onte, 17 de xullo de 2014, ás 19.00 horas celebrouse no Centro Cultural Luís Seoane de O Pino una nova reunión ordinaria da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo.

Nesta reunión someteuse á consideración dos 28 membros da Xunta Directiva a aprobación de dous novos proxectos como beneficiarios dunha axuda do Programa Leader.
O primeiro deles, de carácter productivo, está promovido polo empresario de Melide Javier López, dedicado á prestación de servizos agrícolas e forestais. No seu proxecto contempla a adquisición de novo equipamento para ampliar e modernizar o seu parque de maquinaria e prestar un mellor servizo, o investimento ascende a 50.000 € para o cal se aprobou unha axuda Leader do 26%.

O segundo proxecto é de tipo non productivo, está promovido pola Asociación Cultural A Braña e contempla a rehabilitación e posta en valor do contorno da Igrexa parroquial de Belmil, en Santiso, así como do seu cruceiro. O investimento ascende a 75.000 € para a cal se aprobou unha axuda Leader do 58%.

Coa selección destas iniciativas finalízase a tramitación dos proxectos presentados na convocatoria anterior, pechada o 1 de setembro de 2013, e ábrese unha nova etapa coa tramitación dos proxectos presentados na vixente convocatoria 2014-2015 que o GDR ten aberta desde o pasado 12 de marzo e, para l cual, o Grupo ten concedido un orzamento de 1.250.000 €; destinado, principalmente, á diversificación da economía rural a través da posta en marcha de proxectos productivos.

Na reunión tamén houbo tempo para facer un repaso xeral á situación actual do Programa Leader (número de proxectos en tramitación, orzamento comprometido e disponible, prazos previstos, etc.), xa que o Programa Leader atópase na súa fase final e é necesario conseguir unha xestión o máis eficaz posible para aproveitar ó máximo os fondos concedidos pola Unión Europea.


Podes ver esta información no seguinte enlace de prensa:

El Correo Gallego, 18 de xullo de 2014

Campaña promocional do vídeo turístico do GDR


En pleno verán, no GDR Ulla Tambre Mandeo estamos inmersos de cheo nunha orixinal campaña de difusión para a pomoción turística do territorio.

O pasado mes de abril, membros da Xunta Directiva do Grupo presentaban oficialmente na Xunta de Galicia un vídeo turístico realizado pola Asociación e editado para dar a coñecer a enorme riqueza patrimonial, paisaxística, cultural e gastronómica dos dez concellos que compoñen o ámbito xeográfico do GDR (comarca de Arzúa, comarca de Melide, Curtis e Vilasantar).

Un dos obxetivos é lograr a máxima difusión posible deste vídeo entre a poboación, tanto local como visitante, para o cal, nestes días nos que a afluencia de turistas e peregrinos é máxima pola proximidade coa festividade do 25 de xullo, desde o GDR iniciamos unha forte campaña de promoción; facendo chegar a locais de hostalería e restauración do territorio lotes de material divulgativo (carteis e postais) cun atractivo deseño, no que se inclúe o acceso mediante códigos QR e enlaces corto ó vídeo turístico nos tres idiomas nos que está dispoñible: inglés, castelán e galego.

Co lema “vostede estivo aquí pero non o viu todo”, o GDR busca potenciar o seu territorio como destino turístico conxunto, co objxectivo de que todas aquells persoas que o vexan o teñan en consideración para o seu próximo periodo vacacional.
 

 
Podes seguir novas relacionadas con esta campaña no seguinte enlace:
 
 

2 jul 2014

Peche da oficina o día 3 de xullo de 2014

Mañá, 3 de xullo de 2014, o equipo técnico do GDR Ulla Tambre Mandeo foi convocado a unha reunión de xestión por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
 
Por este motivo, a oficina permanecerá pechada durante a xornada.
 
Non obstante, pode comunicarse co equipo técnico a través dos seguintes medios:

Correo electrónico: utm23gdr@yahoo.es
 
Teléfono fixo: 981 511 377
 
Teléfono móbil: 682 741 209