NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




22 oct 2014

Xornada construtiva na presentación do proxecto AGFORWARD

No día de onte trasladámonos a Boimorto para asistir á xornada de presentación do proxecto AGFORWARD, organizada polo Departamento de Produción Vexetal da USC coa colaboración do GDR Ulla Tambre Mandeo.
 
As persoas asistentes, de moi distinto perfil: gandeiros, agricultores, representantes de montes veciñais, produtores forestais, asesorías centradas no rural, etc; puideron compartir co persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela as súas inquedanzas de futuro, ó tempo que construían un debate sobre os sistemas agroforestais e a súa posible implantación en Galicia.
 
Queremos agradecer, tamén desde esta pequena fiestra virtual, que a Universidade de Santiago de Compostela pensara no noso territorio para levar a cabo esta presentación e na empresa Bosques Naturales por ensinarnos de maneira tan produtiva e desmostrativa as súas instalación.
 
Deixámosvos algunhas fotos da celebración da xornada e un enlace a un vídeo ilustrativo do funcionamento destes sistemas en Francia (está subtitulado en portugués, máis enténdese o suficiente), nos que se combinan aproveitamentos forestais e agrícolas para aproveitar as sinerxías entre ambos, a nivel ambiental e produtivo, e diversificar as fontes de renda dunha explotación.
 
 
 
 
 




 

9 oct 2014

Encontro do proxecto AGFORWARD da USC o 21 de outubro


O Departamento de Produción Vexetal da USC, coa colaboración do GDR Ulla Tambre Mandeo, organiza o 21 de outubro de 2014 un encontro de presentación do proxecto de investigación AGFORWARD.

Esta iniciativa de investigación ten por obxectivo estudar e impulsar os sistemas agroforestais, é dicir, cultivos agrícolas ou explotacións gandeiras que contan con especies arbóreas no mesmo espazo que utilizan para a actividade agraria; analizando as súas características, vantaxes e problemáticas.

Está dirixida a persoas que desenvolvan a súa labor profesional no sector agrario, propietarios e propietarias de explotacións agrícolas e/ou gandeiras.

A xornada conta co seguinte programa:

- Xornada de mañá (10.30 h): encontro de presentación e mesa redonda de intercambio de ideas (edificio do Concello de Boimorto)
- Xantar (nun restaurante de camiño á visita establecida para a tarde)
- Xornada de tarde: visita instalacións empresa Bosques Naturales (A Mota, Boimorto).

Está aberto o período de inscrición na xornada ata o 17 de outubro de 2014 a través dos seguintes correos electrónicos:
 
- Rosa Mosquera (Dto. de Produción Vexetal USC):  mrosa.mosquera.losada@usc.es
- GDR Ulla Tambre Mandeo: utm23gdr@yahoo.es