NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




18 dic 2014

Peche da oficina por descanso durante as Festas

A oficina do GDR Ulla Tambre Mandeo permanecerá pechada do día 22 de decembro de 2014 ó 5 de xaneiro de 2015 por descanso do persoal.

Non obstante, seguiremos atendendo as vosas consultas durante este período nos seguintes teléfonos en horario de 10.00 horas a 14.00 horas.

Oficina: 981 511 377

Móbil técnica (María): 682 741 209

Que teñades un Feliz Nadal e un próspero Aninovo!!

Celebrada a III Feira de Agasallos Locais

A fin de semana xa pasou e con ela a III Feira de Agasallos Locais de Melide, un ano máis os productos agroalimentarios de calidade do territorio así como a súa artesanía déronse cita en Melide para o desfrute das persoas que asistiron.
 
Non só se puide mercar para ter a despensa ben completa estas Festas senón que tamén se puido degustar da man dos minichefs de Melide que demostraron ser unha moi boa canteira de posibles futuros profesionais, gracias!
 
Gustaríanos aproveitar a bitácora virtual para agradecerlle a súa implicación ós expositores, os cales confían en nós ano tras ano, ós que axudaron aínda sen exponer na Feira como é o caso de Manolo que nos surtíu dunha prancha para cociñar desinteresadamente e tamén, á cooperativa Melisanto, por prestárnolas súas instalacións con só perdírllelas para convertelas na nosa base de operacións durante a celebración da Feira.
 



 

Encontro de Empresas Leader, traballando xuntos...

O pasado sábado celebramos o II Encontro de Empresas Leader do GDR Ulla Tambre Mandeo, queremos agradecerlles ós promotores que asistiron a súa implicación por seguir traballando polo desenvolvemento rural, non só cos seus respectivos negocios, senón empregando unha tarde dun sábado próximo ás Festas en coñecerse, debatir e compartir as súas preocupacións polo noso territorio.
 
Moitas gracias a todos e a todas pola vosa asistencia e polas vosas aportacións, escoitándovos é como podemos mellorar..
 


 

4 dic 2014

III Feira de Agasallos Locais!!

Se elaboras produtos de calidade no territorio do Ulla Tambre Mandeo, este é o teu escaparate ideal, inscríbete como expositor, aínda estás a tempo!!

Resultados do Curso de Deseño de Stands

Con moita imaxinación e utilizando materiais de baixo custo pódese deseñar e confeccionar un orixinal e completo stand ou decorar un escaparate da maneira máis profesional; esa foi a conclusión xeral á que chegou o alumnado do Curso de Deseño de Stands e Escaparatismo, e con moito esforzó durante o fin de semana puxérono en práctica, noraboa!