NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




14 ene 2015

Remata o 30 de marzo o prazo de solicitude das axudas Leader

O Programa Leader chega á súa fin, e con el as axudas que conleva. Hai de prazo ata o día 30 de marzo para solicitar subvencións, para calquera investimento público ou privado, que se vaia desenvolver durante este 2015 que estea dentro das liñas prioritarias do Programa Leader Ulla Tambre Mandeo.
 
Coa finalidade de estudar a idoneidade do proxecto, e dado que os trámites son bastante lentos: reunir documentación, pensar e madurar as ideas... o equipo técnico do GDR recomenda a emprendedores, explotacións agrícolas e gandeiras e empresas que vaian facer algún investimento durante o ano 2015, achegarse pola oficina canto antes.
 
Aínda que hai bastantes proxectos coa axuda solicitada, sempre hai baixas de última hora, polo que é posible que as novas solicitudes poidan obter parte dos fondos dispoñibles. O orzamento do Programa Leader para este ano 2015 ascende a 808.500 euros que se traducirá en axudas para os proxectos que se inicien este ano, e que contribuirán ó desenvolvemento rural dos nosos dez concellos (Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Touro, Toques, Vilasantar)

Ánimo e a investir no rural!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario