NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




20 abr 2015

Produción agroalimentaria de calidade no Ulla Tambre Mandeo

Durante os meses de abril e maio desde o GDR Ulla Tambre Mandeo, coa axuda da Deputación da Coruña, cederalle o protagonismo desta pequena bitácora virtual ós produtos agroalimentarios de calidade que teñen a súa orixe na nosa contorna. Darémoslle cabida a aqueles que xa teñen gañada a súa sona e son a punta de lanza dos manxares do noso territorio, como o Queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa ou a Repostería Tradicional de Melide, ou aqueles que aínda non o son tanto pero ben merecen unha aposta pola súa difusíón como é o caso de moitos produtos agroalimentarios que están no mercado co apoio do Leader.

Antes de comezar co repasos ós manxares máis emblemáticos das comarcas de Arzúa e Melide, e os concellos de Curtis e Vilasantar, comezamos a serie facendo un repaso ós elaboradores e elaboradoras que acudiron ó Leader para poñer en marcha os seus proxectos e ofertar un produto de calidade e con bo facer.

Este é o caso de Queixería Santos (Enlace á web) onde o par de irmás que lle da nome co seu apelido, elaboran en Sobrado un queixo a base de leite cru con todo o sabor tradicional deste produto tan galego. No mesmo concello podemos degustar uns embutidos Aldea de Barrio coa mellor materia prima, os porcos que crían en liberdade en dez hectáreas próximas á súa casa (mirade que pinta de felices teñen os porcos! Facebook Aldea de Barrio), e acompañalos co pan de fariña do país cocido en forno de leña de Panadería Naveira, posta en marcha recentemente (Facebook de Panadería Naveira ). E, de sobremesa, podemos acercarnos ata Touro onde na explotación Chousa-Nova, temos á nosa disposición un iogur de primeira calidade elaborado co leite fresco da propia explotación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario