NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




14 abr 2016

FASE DE ELABORACIÓN DO DAFO NO ULLA TAMBRE MANDEO

Onte rematou a rolda de reunións territoriais, un total de oito reunións nas que, a partir do estudo socioeconómico do territorio, se analizaron os recursos de que dispoñemos e a mellor maneira de aproveitalos, dunha forma sustentable, para mellorar a calidade de vida dos habitantes do Ulla Tambre Mandeo.
Agora toca uns días de traballo de oficina para ordear as ideas, e realizar un DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) a partir de toda a información recollida, así como para establecer os criterios que priorizarán os proxectos subvencionables no Leader 14-20.
O borrador deste traballo será presentado trala Asemblea Xeral que o GDR celebrará o día 21 de abril.
Durante o mes de maio realizaranse outras xuntanzas e debates sobre o desenvolvemento rural e os recursos do territorio dos que iremos informando a través deste blog, do Facebook e dos medios de comunicación locais: radio, prensa...

Ti eres parte da solución: OPINA!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario