NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL GDR UTM É UNHA ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO FORMADA POR ASOCIACIÓNS, CONCELLOS, SATs, COOPERATIVAS E OUTRAS ENTIDADES DOS CONCELLOS DE MELIDE, SANTISO, TOQUES, SOBRADO, ARZÚA, TOURO, O PINO, BOIMORTO E VILASANTAR. TEMOS AS PORTAS ABERTAS. SOLICITA A ENTRADA.

NO RURAL DECIDES TI, PARTICIPA!


Visita turística ó territorio (Galego)




4 nov 2016

Liñas estratéxicas do Leader 2014-2020 do GDR Ulla Tambre Mandeo

ÁREAS PRIORITARIAS E OBXECTIVOS DO GDR ULLA TAMBRE MANDEO
A continuación reflíctese os obxectivos que ambiciona conseguir o GDR Ulla Tambre Mandeo coa implementación da Estratexia de Desenvolvemento Local.
Preséntanse estruturados coa seguinte metodoloxía:
  • Obxectivo transversal e específico do GDR Ulla Tambre Mandeo sobre a mellora da gobernanza local e o incremento da animación social do territorio.
  • Distinción entre áreas de actuación prioritarias da estratexia de desenvolvementolocal e áreas importantes da estratexia de desenvolvemento local.
  • Dentro de cada área, establécense, xerarquizados:
    • Obxectivos xerais. Liñas estratéxicas a seguir relativas a cada obxectivo.
    • Obxectivos instrumentais ou “smart”, os cales contan con:especificidade, cuantificación (medición) e temporalización,a cal en todos os casos, coincide coa duración da xestión do Leader 2014-2020.
  1. Gobernanza local e animación social do territorio
OBXECTIVOS SMART:
1. Que todas as persoas que emprendan un negocio no territorio coñezan o GDR Ulla Tambre Mandeo e as axudas do Leader.
2. Que como mínimo un 70% dos representantes das entidades no GDR participen en actividades ou reunións do GDR polo menos dúas veces ó ano.
3. Que cada ano entren un mínimo de tres novas entidades asociadas ó GDR.


A . Áreas prioritarias da estratexia:
1. Crear emprego de calidade. Obxectivo Leader Galicia: creación e mantemento de emprego
OBXECTIVOS SMART:
1. Crear 25 novos empregos dos cales a lo menos o 20% sexan empregos de calidade (con cualificación de estudos superiores e/ou salarios superiores á media galega)
2. Que polo menos o 30% dos empregos creados no Leader se fagan a persoas incluídas dentro dos colectivos desfavorecidos.

2. Mellora na transformación e comercialización, así como na imaxe, do leite e derivados lácteos e dos produtos agroalimentarios do territorio con marca propia.
Non se financian proxectos agroalimentarios cun investimento superior ós 30.000 euros, pero este sector pódese apoiar a través de formación e difusión, ademais de con axudas a pequenos obradores.
- Incrementar o amor propio e a consciencia da calidade dos produtos locais así
como a súa promoción directa pola poboación e negocios locais.
- Facer do queixo e dos produtos agroalimentarios un produto e reclamo
turístico.
- Dotar de valor engadido ó leite local.
OBXECTIVOS SMART:
1. Consolidación de, polo menos, 20 novos espazos (lineais, “corners”, espacio destacado nas cartas dos restaurantes, anuncios etc.) nos que se promocionen e comercialicen os produtos agroalimentarios locais con marca propia; xa sexa en negocios previamente existentes ou de nova creación.
2. Desenvolvemento por parte do sector, cando menos, dunha iniciativa de actividade de agroturismo, turismo industrial agroalimentario, museo, visitas guiadas, exposicións etc.
3. Incorporación de cómo mínimo dúas iniciativas como o envasado con marca propia, a transformación en queixo, xa sexa amparado pola D.O.P Arzúa-Ulloa ou non, ou a transformación en produtos diferentes do queixo: iogures, xeados, manteca, nata, biscoitos, outros.

3. Diversificación do sector agrario local cara outras actividades ou producións distintas do vacún de leite:
-  Fomentar a aparición de novas producións agrarias (diferentes do sector
lácteo) a través das liñas de axuda.
- Promoción dos produtos agroalimentarios do territorio.
OBXECTIVOS SMART:
1. Que polo menos haxa 80.000 persoas que reciban información sobre os produtos agroalimentarios do territorio, a través de medios de comunicación, internet, en persoa, en papel ou outros.
2. Mellorar a visibilidade e comercialización dos produtos locais (producidos ou modificados no territorio), de forma que polo menos o 50% dos visitantes recoñezan, durante o paso polo UTM, un ou máis destes produtos.

4. Mellora na calidade de vida das persoas maiores e/ou da poboación infantil ou contribución á  igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres. (Obxectivos Leader Galicia: Igualdade, Crear e mellorar servizos para mellorar o nivel de vida, inclusión social e redución da pobreza)
- Mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsando, especialmente aquelas iniciativas que permiten un avellentamento digno e de calidade no fogar.
- Mellorar a calidade de vida da poboación infantil, especialmente con aquelas actuacións que  favorecen a socialización como parques infantís, garderías, ludotecas, bibliotecas infantís con zona de xogo, instalacións culturais e deportivas especializadas (por exemplo, unha piscina de pouca  profundidade con tobogáns) etc.
- Favorecer a visibilización da muller e a súa incorporación á primeira liña da vida política, social, cultural e económica.
- Mellorar a ratio de participación feminina en tódalas áreas do GDR: solicitudes e captación de fondos, participación nas actividades de promoción, formación etc. e representación nos órganos de goberno.
- Impulsar a aposta das empresas locais, tanto as xa asentadas como as de nova creación, por programas internos de programas de igualdade, non discriminación, conciliación familiar, cooperación, etc.
OBXECTIVOS SMART:
1. Que por lo menos un 30% das beneficiarias das axudas Leader sexan mulleres ou empresas de capital 100% feminino, e que o 40% das axudas estean asinadas por mulleres, aínda que o capital sexa mixto.
2. Poñer en marcha como mínimo un proxecto de apoio á poboación infantil que mellore a súa  socialización ou un proxecto de atención e mellora da calidade de vida das persoas maiores que viven na casa.

5. Desenvolvemento ambiental na economía local, orientada á redución do consumo de enerxía, á instauración de enerxías renovables, á redución do uso de materiais, da produción de residuos e da emisión de contaminantes á atmosfera e/ou á auga. (Obxectivo Leader Galicia: Fomento dunha economía baixa en carbono, entre outras: enerxías renovables e eficiencia enerxética).
- Novas prácticas máis eficientes en tódolos sectores, con redución da
contaminación, aforro enerxético, superiores ó 40%.
- Fomento das enerxías renovables
- Paso á certificación ecolóxica de explotacións tradicionais, ou creación de novas explotacións que se certifiquen como ecolóxicas.
- Fomento do paso dunha economía baseada na venda de bens, a unha economía baseada na prestación de servizos que redunde na prolongación da vida dos bens e na redución da contaminación mediante a desmaterialización.
- Auditorías enerxéticas en empresas e aquelas medidas contempladas na mesma que permitan a  eficiencia (investimentos cos que se acaden aforros por riba do 40% sobre a situación inicial nese elemento, ou períodos de retorno do investimento inferiores a 4 anos).
OBXECTIVOS SMART:
1. Asentamento de (a) 2 empresas do sector ambiental ou empresas que reduzan as emisións efecto invernadoiro ou contaminantes a atmosfera ou a auga, ou ben (b) a introdución de medidas ambientais e de eficiencia enerxética en 6 empresas existentes que reduzan a contaminación polo menos nun 40% con respecto á situación inicial.

6. Impulso á innovación e apoio á instauración de empresas tecnolóxicas e con forte potencial de crecemento (Obxectivo Leader Galicia: Fomentar a innovación e a transferencia do coñecemento).
- Facilitar o uso da tecnoloxía galega nas empresas do territorio.
- Favorecer a relación da universidade e o coñecemento que nela se xera, co
territorio.
- Fomentar a fixación do capital humano, sobre todo a xente nova, no territorio,
mediante a creación de emprego ou autoemprego cualificado.
- Mellorar a capacidade económica do tecido empresarial mediante o asentamento de empresas con forte capacidade de crecemento e innovación.
- Impulsar a aposta das empresas locais, tanto as xa asentadas como as de nova
creación, pola I+D+i nas súas respectivas actividades produtivas e prestacións
de servizos.
OBXECTIVO SMART
1. Asentamento de, polo menos, dez novas empresas no territorio, das que como mínimo o 30% supoñan a aparición dun negocio inexistente ata o momento a nivel municipal.
2. Visibilizar a tecnoloxía e coñecemento empresarial galego entre as empresas locais (polo menos 20), favorecendo o networking e o intercambio de información.

7. Transformación en produtos turísticos dos principais 8recursos patrimoniais do territorio UTM, achegándolle ó público visitante: o modo de vida local, a cultura, a natureza, a etnografía, a gastronomía .... En definitiva, mellorar a súa vivencia no territorio da man dun coñecemento integral e da interacción co mesmo.
Nota: os proxectos que se poidan financiar en torno ó sector turístico dependerá do convenio asinado entre Agader e Turismo.
OBXECTIVO SMART:
1. Creación de polo menos un produto turístico atractivo en torno a un recurso turístico catalogado como prioritario na estratexia.

8. Valorización económica de especies forestais galegas a través de usos e explotacións alternativas.
-  Mellorar a rendibilidade económica e sustentable do monte, especialmente nos lugares con figuras de protección. Especies e usos a incentivar: calquera uso social ou económico dos espazos forestais e as especies que habitan neles.
9 Evitar o abandono do monte galego coas súas conseguintes consecuencias medioambientais como, por exemplo, os incendios forestais.
OBXECTIVOS SMART:
1. Que cen persoas do territorio coñezan en profundidade técnicas de xestión forestal e aproveitamento económico das especies recollidas na estratexia ou de usos alternativos do monte, a partir de traballo técnico divulgativo e de concienciación no territorio e que poidan poñelas en marcha.
2. Mellorar a diversificación dos usos e aproveitamentos forestais, así como a rendibilidade do monte, co asentamento de dúas novas empresas relacionadas cos produtos alternativos (froitos, cogomelos, aceites, castaña, etc.) ou coa diversificación de dúas explotacións agrarias do territorio cara estes
aproveitamentos como fonte de renda secundaria.
3. Mellorar o coñecemento do 80% dos comuneiros dos MVMC sobre a diversificación dos usos e aproveitamentos forestais, así como a rendibilidade do monte veciñal en man común coa posible posta en marcha de proxectos técnicos e económicos de ordenación e explotación .

B. Áreas importantes da estratexia:
1. Mellora da imaxe e da comercialización da produción local do territorio (artesanía, souvenirs ou outros produtos).
- Aproveitar a capacidade de arrastre do turismo para outros produtos e outros sectores económicos, especialmente a artesanía e os produtos agroalimentarios.
- Mellora do coñecemento dos nosos produtos e a súa calidade entre a
poboación local e foránea.
OBXECTIVO SMART:
1. Mellorar a visibilidade e comercialización dos produtos locais, de forma que polo menos o 30% dos visitantes recoñezan estes produtos.

2. Desenvolvemento ambiental no tecido produtivo e económico local orientada á reutilización ou valorización de residuos nas explotacións agrarias, na actividade industrial ou en calquera outro sector.
OBXECTIVOS SMART:
1. Contribuír á conservación do medio ambiente co asentamento dunha empresa que teña por obxecto usar subprodutos para a fabricación ou xeración de enerxía, por exemplo, o aproveitamento dos residuos do monte para producir enerxía con biomasa e a súa comercialización e/ou prestación de servizo, ou unha empresa que recicle plásticos para material de construción etc.

3 Valorización do patrimonio, promoción turística ou da xeración de produtos turísticos ou vivencias para turistas baseados en elementos patrimoniais distintos dos recollidos como prioritarios na estratexia.
- Crear produtos turísticos
- Mellorar a experiencia do peregrio no Camiño de Santiago e achegarlle a riqueza do territorio para:
o Incrementar o gasto diario.
o Incrementar o número de días no territorio.
o Conseguir unha segunda visita
-  Promoción turística do territorio:
o Camiño Norte e Camiño Primitivo.
o Promocionar e conseguir o recoñecemento oficial da Ruta do Holandés.
o Promocionar o patrimonio arquitectónico e natural do territorio.
Especialmente aqueles elementos determinados como prioritarios na estratexia.
OBXECTIVOS SMART:
1. Facer visible para as persoas que fan o camiño información sobre o territorio, ben en albergues, ou na rúa, no Camiño….en forma de exposición, folletos, mapas, sinalización…. Polo menos durante un verán.
2. Crear polo menos dous negocios que melloren o servizo ó peregrino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario